Actividades culturales

MOSAICO. «O derradeiro libro de Emma Olsen» de Berta Dávila

MOSAICO. «O derradeiro libro de Emma Olsen» de Berta Dávila Instituto Cervantes

Nesta segunda edición do club virtual de lectura Mosaico, na súa versión en galego, leremos a obra O derradeiro libro de Emma Olsen (Editorial Galaxia, 2015), de Berta Dávila. A través dunha falsa autobiografía, a autora transpórtanos a unha pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano onde unha escritora cunha enfermidade terminal decide pasar os seus últimos meses de vida. A través das súas páxinas descubriremos os segredos e sentimentos que se entreteceron ao final da adolescencia da nosa protagonista, e faranos cuestionar as influencias do amor e os afectos. Ademais, pecharemos o club cun encontro virtual con Dávila, para poder compartir con ela de primeira man a nosa lectura. 


Benvidas e benvidos ao universo de Emma Olsen!

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987), narradora, poeta e editora, é unha das escritoras galegas con máis proxección e éxito, tanto da crítica coma do público. Algunhas das súas últimas obras son Os seres queridos (Xerais, 2022; Premio Xerais de Novela, Premio Follas Novas de Narrativa, Premio da Crítica de Galicia e A ferida imaxinaria (Xerais, 2024).

A dinamización da lectura será realizada por Antía Yáñez, escritora, docente e coordinadora de clubs de lectura da súa Galicia natal. Leva desde 2018 guiando a diferentes grupos de lectores e lectoras e aprendendo de todas as visións que un mesmo libro pode suscitar.

************

En esta segunda edición del club virtual de lectura Mosaico, en su versión en galego, leeremos la obra O derradeiro libro de Emma Olsen (Editorial Galaxia, 2015), de Berta Dávila. A través de una falsa autobiografía, la autora nos transporta a una pequeña ciudad perdida del Medio Oeste norteamericano en donde una escritora con una enfermedad terminal decide pasar sus últimos meses de vida. A través de sus páginas descubriremos los secretos y sentimientos que se entretejieron al final de la adolescencia de nuestra protagonista, y nos hará cuestionarnos las influencias del amor y los afectos. Además, cerraremos el club con un encuentro virtual con Dávila, para poder compartir con ella de primera mano nuestra lectura. 

¡Bienvenidas y bienvenidos al universo de Emma Olsen! 

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987), narradora, poeta y editora, es una de las escritoras gallegas con más proyección y éxito, tanto de crítica como de público. Algunas de sus últimas obras son Os seres queridos (Xerais, 2022; Premio Xerais de Novela, Premio Follas Novas de Narrativa, Premio de la Crítica de Galicia) y A ferida imaxinaria (Xerais, 2024)

La dinamización de la lectura la realizará Antía Yáñez, escritora, docente y coordinadora de clubs de lectura de su Galicia natal. Lleva desde 2018 guiando a diferentes grupos de lectores y lectoras y aprendiendo de todas las visiones que un mismo libro puede suscitar. 

  • Lectura: O derradeiro libro de Emma Olsen
  • Intervén / Interviene: Antía Yáñez, dinamizadora, y Berta Dávila, autora.
  • Duración da lectura / Duración de la lectura: del 2-29 de outubro / octubre
  • Lectura en liña / Lectura en línea:  del 2 al 14 de outubro / octubre
  • Conversa coas lectoras e lectores / Conversación con los lectores: del 15 al 29 de outubro / octubre.
  • Encontro (chat) coa autora / Encuentro (chat) con la autora: 27 de outubro /  octubre, 18h (GMT+2)

Dentro de

Entidades organizadoras